Mañá sábado no Calvario habera un espazo de Comercio Xusto e Economía Solidaria

Publicado por o día 14/06/2019 na sección de Galicia,Vigo

Mañá sábado no Calvario habera un espazo de Comercio Xusto e Economía Solidaria

Este sábado na peonil do Calvario a Rede Social Galicia Sur organiza, no marco da Festa da Alegría, unha nova edición do Espazo de Comercio Xusto e Economía Solidaria. Teran obradoiros, postos de venda e información das ONG participantes e un desfile de moda sostible. De 11:00 a 19:00. Achégate e descubre como o teu consumo pode mudar o mundo!

Colboran nesta iniciativa as organizacións como Cáritas Diocesana de Tui-VigoSos Racismo GaliciaGIT de Fiare en GalizaTALLER DE SOLIDARIDADOxfam Intermón en VigoSolidariedade Internacional de GaliciaManos Unidas Tui-Vigo

Xornada

>12:00 h a 14:00 h Obradoiros para nenas, nenos e adultos
Obradoiro de chapas. Obradoiro de camisetas, O xogo do cacao.
>17:15 h Desfile de moda sostible e de comercio xusto
> 19:00 h ” Sobrevivir non é delito ” proxección e palestra no Centro Social Faisca na Rúa Toledo 9.
> E durante todo o día: postos informativos, venda de produtos de comercio xusto, moda sostible, alternativas de consumo responsable.


Posteriormente ao remate das actividades, ás 19h, Sos Racismo estara no Local Social Faísca de Vigo cunha proxección: “Kerr” e unha charla debate sobre a venda ambulante na que contaremos coa presenza dun integrante do Sindicato de Manteiros de Barcelona así como a presidenta da Asociación de Senegaleses de Vigo para falar das súas diferentes realidades xa que a través dos medios de comunicación e discursos políticos, cada día fannos chegar unha versión totalmente manipulada da venda ambulante, invisibilizando e silenciando aos seus verdadeiros protagonistas.

A xornada

19:00 h. Proxección da curtametraxe ” Kër” de Diana R. Mata, onde vendedores ou ex-vendedores de venda ambulante en Galicia, dannos a súa visión e experiencia.

19:30 h. Presentación da marca Topmanta “roupa legal feita por xente ilegal”. Lamine Bathily do Sindicato Popular De Vendedores Ambulantes de Barcelona e Mame Bousso Gueye Diagne (Presidenta Asociación de senegales@s deVigo).

20:15 h. Charla – coloquio: A lei de estranxeiría condena á manta. Coa participación de Massamba Djitte ( co-protagonista do documental ” Kër”) e Lamine Bathily (portavoz Sindicato de vendedores ambulantes de Barcelona).

É por iso, que desde SOS Racismo Galicia, convida a participar nesta xornada de mañá sábado 15 de Xuño,  para ter a oportunidade de coñecer e compartir en primeira persoa a realidade da venda ambulante.