Os padeeiros Manu Garrido, Óscar Graña e Ramón Ferro do Club Kaiak Tudenserecibiron onte o Premio Deporte Tudense 2017 na categoría masculina, tras proclamarse subcampións do Mundo de Maratón, e medalla de bronce no Europeo en c1 no caso de Manu Garrido e en c2 no de Ramón Ferro e Óscar Graña. O premio na categoría feminina foi concedido ao equipo de Kaiak Polo do Club fde Piragüismo Penedo Te Importa de Caldelas que o ano pasado lograron o título de campioas galegas e subcampioas de España.
A Quinta de Tui Futsal recibiu o Premio Deporte Tudense Club polo seu traballo cos equipos masculinos e femininos, pola organización do Campus Toñín Martín, e polo seu traballo de integración de nenos con autismo no club. O seu adestrador Xacobe Morais recibiu o Premio Deporte Tudense Adestrador, coma un dos máximos responsables do traballo de base do equipo.
Dous judocas do Judo Club Tudense foron recibiron O Premio Deporte Tudense Veterano, foron Carmen María González, gañadora da Copa de España de Veteranos 2017, na categoría feminina, e Avelino Martínez, campión do Mundo de Judo Tradicional e bronce no Campionato de Europa, na masculina.
O Club Deportivo Caldelas, polo traballo realizado coa súa canteira, con máìs de 100 licenzas, pola organización dun campus de verán que está a ser referente pola elevada participación fíxose co Premio Deporte Tudense Club Promoción Deporte Base.
Rodrigo Conde, do Club Remo do Miño SETA, bronce no Campionato do Mundo de Remo sub 23 en dobre scull, foi galardoado co Premio Deporte Tudense sub 23, e Domingos Albadalejo do Club de Remo Robaleira, bronce no Campionato de España e no Campionato Galego de Remoergómetro, recibiu o Premio Deporte Tudense Deporte Adaptado.
O Premio Deporte Tudense Promesa foi outorgado na categoría masculina a Daniel Freiría do Club Remo Tui, medalla de ouro no Campionato de España de Remo Olímpico na categoría infantil, Bruno Misa do Club Remo do Miño SETA, medalla prata no Campionato de España de Remo Olímpico na categoría infantil, e Brais Caride Club de Piragüismo Penedo Te Importa, bronce no Campionato galego de Slalom Olímpico e ouro no Campionato de España de Slalom Olímpico na categoría infantil. E na categoría feminina as galardoadas foron Elsa Pena, atleta do Club Atletismo Tui campioa galega de pista ao aire libre e en pista cuberta sobre a distancia de 3 mil metros e subcampioa de España na mesma distancia; e Candela Fernández, do Club Kaiak Tudense, medalla de bronce no Campionato de España de Piragüismo en k1 e prata en K2 e k4.
Por último o Premio Deporte tudense Firma Comercial recaeu en Mensatui pola súa colaboración con diversas probas e clubs deportivos.
A mención honorífica foi concedida a Constantino Fernández Rodríguez “Tante” fundador do Club Penedo de Caldelas. Mentres os recoñecementos honoríficos foron para o equipo feminino de Baloncesto de Tui por ser pioneiras neste deporte, María del Carmen Fernández Cabaleiro, primeira medallista feminina de remo, Manuel Pérez Antón Fonterosa polo seu traballo coma cronista e colaborador do Tyde, e ao equipo do Tyde F.C. da temporada 82/83 que lograra o ascenso a Terceira División.
No transcurso da gala realizouse asemade unha homenaxe a todos os deportistas tudenses que ao longo de 2017 participaron en probas europeas e mundiais. Foron os remeiros Suso González, David Prada, Rodrígo Conde, os padeeiros Manuel Garrido, Iván Alonso, Óscar Graña, Ramón Ferro, Roi Rodríguez, Brais Casas, Emilio Llamedo, Sebastián Delgado, Rubén Millán, Daniel Durán, Aaron Diéguez, Iñaki López, Enrique Míguez, Óscar Carrera e Pedro Areal, o triatleta Gustavo Rodríguez, o piloto de karts Adrián Malheiro e o judoca Avelino Martínez.
O acto contou coa presenza do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, do concelleiro de Deportes de Tui, Andrés Urseira, da deputada provincial de Deportes, Chelo Besada, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, o deputado autonómico, Moisés Rodríguez, concelleiros tudenses e outras autoridades, así coma cunha representación da meirande parte dos máis de 40 clubs deportivos que hai en Tui nos que se practican unha trintena de modalidades deportivas.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, resaltou na súa intervención que esta gala “permite facer balance do ano anterior e visualizar a gran amplitude e a gran calidade que hoxe ten o deporte na nosa cidade”. Falou do deporte e dos valores que transmite “o respecto, a amizade, o traballo en equipo, a participación, a cooperación, a habilidade, a disciplina, o sacrificio, o esforzo, o autocoñecemento, a perseverancia, a humildade, o autodominio, a convivencia e a creatividade” , ao tempo que “promove a saúde na xente nova, a convivencia cos directivos, adestradores e compañeiros socializa e ensina valores e comportamento, desenvolve a personalidade e sometea ás regras do equipo ou grupo”. Agradeceu o traballo que realizan todos os implicados no mundo do deporte, felicitándoos por ese labor. O alcalde reiterou na súa intervención as desculpas ao padeeiro Manu Garrido, tras a crítica que en redes sociais que lle fixera hai un meses.
O concelleiro de Deportes, Andrés Urseira, na súa intervención destacou o “magnífico momento que vive o deporte tudense” foi do traballo que realizan os clubs e deportistas. Agradeceu o traballo que realizan polos labores que o deporte representa, por que o deporte é tamén un promotor turístico da cidade. Agradecemento que fixo extensivo ás familias polo importante papel que xogan tamén no deporte. Felicitou aos deportistas polo logros acadados ao longo da temporada, e referiuse a eles coma “os mellores embaixadores” da cidade cada vez que levan o nome de Tui por España e polo Mundo. Mencionou as institucións que contribúen tamén á realización das probas deportivas, entre elas a Cámara de Valença, a quen se referiu coma “socio fundamental”, e lembrou aos dous anteriores concelleiros de Deportes, Nicolás Lorenzo e Laureano Alonso, que iniciaron e continuaron esta gala, porque dicía “tamén é deles o mérito de ter chegado até aquí”.
A gala contou coa actuación do grupo Piscore.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.