Mar de la Peña, nova subdirectora de procesos asistenciais da enfermaría

Enfermeira especialista en saúde mental, viña desenvolvendo a coordinación do servizo de atención primaria de A Garda
Publicado por o día 03/04/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

Mar de la Peña, nova subdirectora de procesos asistenciais da enfermaría

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha Orde pola que se resolve a convocatoria pública dun posto de persoal directivo da EOXI de Vigo. En concreto, trátase da subdirección de Procesos de Enfermaría sen Ingreso, que será ocupado por Mar de la Peña Cristiá en substitución de Ana Estévez, que deixou o posto por motivos persoais. A dirección da EOXI aproveita para expresarlle a Ana Estévez o máis sincero agradecemento e recoñecemento polo seu traballo e compromiso durante estes anos.

Mar de la Peña, enfermeira especialista en saúde mental, viña desenvolvendo a coordinación do servizo de atención primaria de A Garda. Na súa formación cabe subliñar varios másters en xestión sanitaria, tanto en hospitalaria como en servizos sociasanitairos.

A súa traxectoria profesional sempre estivo moi vinculada á xestión, ocupando diversos postos directivos na administración sanitaria. Destacar a dirección de Enfermaría do Hospital Psiquiátrico do Rebullón, a coordinación Asistencial do Hospital do Barbanza, a dirección do Centro de discapacitados psíquicos de Redondela ou a subdirección de Humanización e Atención ao usuario do Complexo Hospitalario de Vigo.