A Asociación Europea de Economía e Competitividade outorgou a Carlos Henrique Fernández unha das 40 medallas de ouro ao mérito no traballo, nunha Gala celebrada no Hotel Eurostars Suites Mirasiera de Madrid o pasado ano.
Carlos é presidente da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego e Director en Urbanismo, Cascos históricos y Patrimonio arquitectónico máis Gerente responsable de la Oficina de Rehabilitación en Rehabilitación de edificaciones antiguas.
ARQUITECTO DE PATRIMONIO de Rianxo e activista destacado en contra da degradación urbanística galega, Carlos Fernández Coto non dá por perdida a batalla, e lidera accións tanto formativas como informativas. Aínda así, recoñece que a solución ao problema do feísmo non é fácil e dista moito de estar preto.
Segundo o texto que acompaña, a Medalla “Recoñece, recompensa e celebra o éxito de empresas e profesionais cunha traxectoria exemplar a nivel nacional e/ou europeo e con prácticas e iniciativas que apoian o espírito e conciencia empresarial. Este Galardón, está dirixido a profesionais de todos os sectores dentro da Comunidade Económica Europea (CEE) que cumpren os requisitos citados anteriormente. Supón o recoñecemento ao seu labor e xestión empresarial ou profesional. Acompáñanse as medallas cun certificado e un selo de calidade que reflicte ética, profesionalidade e resultados na empresa ou profesional”
A Xunta Directiva da Asociación compóñena don José Luís Barceló, Enrique Cerezo Torres, Kike Sarasola, Juan Ignacio Navas, José María Gay de Liébana, Juan Antonio Maroto Acín, Juan José Enríquez Barbé, Margarida Crous, Pascual Fernández Martínez, Javier Nieto Avellaned e Jorge Planas Ribó.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.