O mércores unha Unidade da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) estará no Porriño

Publicado por o día 27/02/2018 na sección de Galicia,O Porriño

O mércores unha Unidade da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) estará no Porriño

Unha Unidade da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), estará aparcada diante da Cafetería ‘Scala’, na rúa Domingo Bueno, o vindeiro mércores, día 1 de marzo, de 4 da tarde a 9 da noite, para que aquelas persoas que queiran poidan facer unha doazón.

 

Que lembrar que a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.

 

Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación.

Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.