Moovit, a empresa de datos e análises de mobilidade urbana máis grande do mundo e a aplicación de transporte público líder mundial, xa está dispoñible na cidade de Vigo grazas á colaboración conxunta de Concello e Vitrasa. Os usuarios de transporte público xa poden planificar os seus desprazamentos de forma fácil e rápida descargándose de balde a App, dispoñible en iOs, Android e Web.
Desta maneira, os usuarios poderán planificar en tempo real as súas rutas combinando todas as opcións de transporte público dispoñibles xa que integra todos os datos de Vitrasa (con 33 liñas e máis de 1.000 paradas). Ademais, a App tamén inclúe liñas doutras empresas do sector que operan na cidade.
Cada ano, teñen lugar máis de 22 millóns de desprazamentos na rede de transporte de Vigo. Grazas a Moovit, os cidadáns de Vigo así como os de municipios limítrofes, estudantes e turistas veranse beneficiados podendo utilizar de forma rápida e eficiente o transporte público. Ademais, Moovit está dispoñible en 44 idiomas, o cal é un activo importante para os turistas que visiten a cidade.
Grazas a este acordo de colaboración alcanzado entre Moovit e Vitrasa, Vigo únese así ás máis de 2.500 cidades de 83 países nas que a App xa funciona. En España xa está presente en máis de 50 urbes. Con máis de 250 millóns de usuarios en todo o mundo, Moovit converteuse na App de referencia en transporte público grazas á maior base de datos de mobilidade do mundo.
O poder da intelixencia colectiva
O principal valor engadido da App Moovit reside na combinación entre a información oficial e as observacións e valoracións xeradas polos usuarios. Grazas a esta posibilidade, os usuarios do transporte público pasan a ter un papel activo mellorando a información dispoñible para o resto de usuarios grazas a esta retroalimentación xerada por eles mesmos.
Desta forma, un usuario pode informar acerca de afeccións en parada. Así mesmo, pode xerar reportes e comentarios sobre incidencias en liñas.
Información personalizada
Ademais do planificador multimodal, grazas a esta colaboración anteriormente mencionada, a App ofrece:
> Alertas do estado do servizo
Os usuarios dispoñen de información específica sobre as incidencias que afectan as liñas de transporte público. Desta forma, se un usuario planifica unha ruta e a liña vai ver afectada por un desvío ou unha folga, saberá con antelación como se verá afectado e de que opcións alternativas dispón.
> Notificacións
Así mesmo, os usuarios poden subscribirse ás notificacións ‘ push’ de maneira que recibirán periodicamente información sobre a actualidade do transporte público tales como eventos, folgas, melloras, etc.
> Fotografas de paradas
Os usuarios poden subir á App fotografías de paradas para axudar a outros usuarios para identificalas facilmente e coñecer o estado no que estas se atopan.
Sobre Moovit
Moovit é a compañía de datos e estatísticas de transporte público máis grande do mundo e a App número uno de transporte público. Moovit simplifica a mobilidade urbana en todo o mundo,
permitindo desprazamentos rápidos e eficientes.
Grazas á combinación da información proporcionada polos operadores e autoridades de transporte público e a información xerada pola Comunidade de usuarios, Moovit ofrece unha experiencia única en tempo real, proporcionando a mellor ruta para cada traxecto. Moovit foi seleccionada como Mellor Aplicación por Google en 2016 e unha das Mellores Aplicacións de Apple de 2017, Moovit lanzouse en 2012 e superou os 200 millóns de usuarios en cinco anos.
Moovit recompila máis de 4 billóns de datos anónimos cada día, xerando así o maior repositorio de datos sobre o transporte do mundo. A recompilación destes datos está apoiada polos máis de 250.000 editores locais de Moovit -chamados “ Mooviters”-. Estes comprometidos usuarios axudan a mapear e manter actualizada a información do transporte local en cidades que, doutro xeito, non terían este servizo. Os Mooviters representan o 65 por cento dos centos de cidades que Moovit incorpora cada ano e converten a Moovit na Wikipedia do transporte do transporte público.
Moovit é un dos precursores de MaaS (Mobilidade como servizo). A empresa permite ás persoas cambiar a maneira en que se desprazan en transporte público, integrando na súa aplicación
diferentes modalidades de transporte, incluso os servizos de bicicletas públicas. En 2017, Moovit lanzou o seu
Smart Transit Suite que ofrece solucións para axudar a Concellos, Comunidades
Autónomas e Operadores de transporte público a mellorar a mobilidade urbana nas súas cidades. Moovit atópase dispoñible de balde para iOS, Android e a Web en máis de 2.500 cidades, ao longo de 83 países, e pode ser utilizada en 44 idiomas. Máis de 100 cidades e eventos globais, incluíndo os Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Janeiro, utilizaron a Moovit como a súa aplicación oficial de transporte público.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.