Como consecuencia da gran movilización feminista do 8 de marzo de 2018, e tras saber que Galicia é a comunidade coa maior porcentaxe de mulleres autónomas de España, o 1 de xuño de 2018 naceu unha nova comunidade de mulleres emprendedoras en Galicia. Unha comunidade que une e promove as sinerxias e a xeración de negocio entre mulleres galegas e portuguesas: Mulleres Atlânticas.
Promovida por dúas emprendedoras do sur da comunidade autónoma (Ourense e Vigo), a iniciativa Mulleres Atlânticas ten como obxectivos principais empoderar, conectar e visibilizar ás mulleres emprendedoras galegas e portuguesas, destacar a calidade dos seus produtos e marcas, e poñer en valor o talento femenino presente no noreste da Península Ibérica.
As actividades principais da comunidade céntranse na creación e desenvolvemento de eventos de conexión onde compartir coñecementos e dar visibilidade aos proxectos emprendedores capitaneados por mulleres galegas e portuguesas. Para formar parte da comunidade, calquer muller emprendedora ou empresaria que o desexe pode facelo en www.mulleresatlanticas.com/unete
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.