Nikone chega a Vigo da man de “Escenarios Vibra Mahou” o próximo 21 de marzo na sala Island

O artista madrileño interpretará os temas de traballos como “ Biribibae”, que o situou como artista revelación dentro da súa xeración; “ Serendipia” ou a súa última maqueta “ Sold”.
Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Vigo,Cultura,Eventos,Galicia

Nikone chega a Vigo da man de “Escenarios Vibra Mahou” o próximo 21 de marzo na sala Island
ikone chega a Vigo da man de “Escenarios Vibra Mahou” o vindeiro xoves día 21 de marzo na sala Island ás 21.30 horas.
 
O artista madrileño interpretará os temas de traballos como “ Biribibae”, que o situou como artista revelación dentro da súa xeración; “Serendipia” ou a súa última maqueta “Sold”. Nikone presenta unhas letras cargadas de emoción e realidade mesturadas cuns ritmos que van desde o rap, o reggae, a electrónica ou o pop, e que fai seus grazas á súa especial forma de cantar.
 
Este concerto, como cada un dos concertos do ciclo, supoñerá unha experiencia única para o público, xa que os artistas convidados actuarán en aforamentos moi inferiores aos que afán. Grazas a esta característica de ‘Escenarios Vibra Mahou’ os asistentes poderán deixarse envolver pola música en directo e vibrar de preto cos seus artistas favoritos, aqueles a os que seguen a diario en redes sociais e outras plataformas dixitais.
 
O ciclo “Escenarios Vibra Mahou” prolongarase ata o 29 de marzo. Durante as semanas restantes, o ciclo pasará tamén por outras salas de Boiro, A Coruña, Pontevedra.
 
Con esta iniciativa, Mahou mostra a súa aposta pola música, compartindo experiencias únicas que achegan ás persoas aos seus artistas favoritos, mez- clando a paixón, a alma e a proximidade entre o artista e o seu público.
 
Aínda quedan entradas para cinco datas de ‘Escenarios Vibra Mahou’ que se pue-dean adquirir en mahou.es/escenariosgalicia.
 
A axenda de concertos:
 
♣ 21 de marzo. Nikone. Sala Island. Vigo.
 
♣  22 de marzo. Carlos Sadness. A Pousada. Boiro.
 
♣  28 de marzo. Zetazen. Sala Bunker. A Coruña.
 
♣ 29 de marzo. Second. Sala Karma. Pontevedra. SOLD OUT