Hoxe na primeira rolda de prensa do ano o alcalde da cidade de Vigo, Abel Caballero, veu afirmar que “Ningún alcalde plantou tantas árbores como o fixen eu”
O rexedor vigués defendeu ter “o récord” de plantación de árbores na cidade e mostrou orgullo por plantar “máis de 5.000” exemplares na contorna urbana, ademais de “ducias de miles” para os parques forestais e comunidades de montes.
Caballero, que anunciou unha nova cesión de 700 árbores, concretamente castaños e carballos, ás comunidades de montes, asegurou en rolda de prensa que “ninguén na historia desta cidade plantou tantas árbores como eu sendo alcalde”. Segundo as contas municipais, no ámbito urbano da cidade viven neste momento 11.150 árbores, dos que 5.500 plantáronse entre 2007 e 2020, os 13 anos e medio de alcaldía de Caballero.
Da nova plantación, 500 exemplares distribuiranse entre as comunidades de montes de Comesaña, Coruxo, Matamá, Valladares, Beade, Bembrive e Saiáns, ademais doutros 200 que irán parar ao Parque Forestal de Comesaña. “Somos o Goberno que máis árbores plantou na historia desta cidade e aínda hai corda para longo”, resolveu o rexedor.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.