Novo paso do programa “TIC EMPRENDES” para promover a formación e loita contra a despoboación

A Deputación adxudica as actividades formativas do programa de emprendemento destinado á xuventude dos concellos con menos poboación da provincia
Publicado por o día 10/01/2021 na sección de Deputación de Pontevedra

Novo paso do programa “TIC EMPRENDES” para promover a formación e loita contra a despoboación

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar o desenvolvemento das actividades de formación do programa “Tic Emprendes”, iniciativa de emprendemento cofinanciada polo Fondo Social Europeo cun orzamento de máis de 700.000 euros, destinada ás persoas mozas, de entre 16 e 30 anos, dos concellos da provincia que máis sofren o déficit demográfico.

O programa, que consta de 26 accións enmarcadas en 11 itinerarios formativos, busca fomentar o emprendemento entre a xente máis nova, promover a formación cara o emprego e loitar contra o despoboamento propoñendo alternativas que fixen a xente moza nas zonas con maiores problemas demográficos”. En cada itinerario ofrécese formación en materias específicas de cada zona, titorías personalizadas para a busca de emprego, e asesoramento para a creación da propia empresa.

En concreto, “Tic Emprendes” centrarase nos 31 municipios de Pontevedra que contan cunha poboación inferior ou igual a 5.000 habitantes ou, no seu defecto, entre 5.001 e 10.000 habitantes con saldo negativo na última década. Son Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Forcarei, Fornelos, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario Moraña, As Neves, Pazos, Ponte Caldelas, Pontecesures, Portas, Rodeiro, Oia, O Rosal, Silleda, Valga e Vila de Cruces.

Comentar noticia

Your email address will not be published.