O 061 de Galicia asistiu a 27 persoas por 24 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 15 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 17 de enero, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 26 chamadas por accidentes de tráfico
Publicado por o día 18/01/2021 na sección de Sucesos,Galicia

O 061 de Galicia asistiu a 27 persoas por 24 accidentes de circulación durante a fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 27 persoas debido a 24 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 15 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 17 de xaneiro. O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 12 sinistros de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 26 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 24 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 27 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 70% e do 30% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 41% dos atendidos tiña entre 20 e 29 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a máis sinistros rexistrou con nove accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
5
Lugo
3
Ourense
7
Pontevedra
9
Galicia
24

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 28. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en catro accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 20 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria nun accidente. As ambulancias convencionais atenderon en tres ocasións.

En 22 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en catro ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.