O alcalde pon en valor o traballo dos coidadores de barrio na cidade

No último semestre de 2020, os 42 traballadores do programa realizaron 2.922 acompañamentos e visitas ás persoas usuarias do servizo que presta o Concello de xeito gratuíto e efectuaron 13.595 actuacións informativas á veciñanza na rúa.
Publicado por o día 14/01/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O alcalde pon en valor o traballo dos coidadores de barrio na cidade

Abel Caballero deu conta este xoves do labor desenvolvido nos últimos meses polos coidadores de barrio, un servizo ao que o goberno municipal dedica 540.000 euros anuais e co que “estamos encantados e contentos de como está funcionando” sinalando que permite a xeración de emprego e a atención á cidadanía que o precisa.

Sobre as funcións que desenvolven, o rexedor destacou que “tratamos que sexan referentes de confianza” no barrio onde traballan velando polo benestar da comunidade acompañando ás persoas beneficiarias ao médico, compras, paseos, xestións; ofrecendo información na vía pública á cidadanía ou a turistas.

Os coidadores de barrio realizaron no último semestre de 2020 2.922 servizos de acompañamento e visitas en toda a cidade, sendo as saídas para pasear un dos máis demandados, e ademais rexistraron 13.595 actuacións de información á cidadanía na vía pública. Un total de 42 persoas traballaron neste programa, cunha idade promedio de entre 45 e 60 anos, sendo o 70% das coidadores mulleres e o 30% homes.

En canto ao perfil das persoas usuarias deste programa municipal, o rexedor apuntou que se trata fundamentalmente de maiores; case o 90% superan os 60 anos, a maioría son mulleres que viven soas (o 80,74%) e que precisan axuda para saír acompañadas á rúa. Tamén prestan servizo a persoas con discapacidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.