O Almacen Cultural de Vigo inaugura a exposición #AsArtistas

Publicado por o día 25/10/2018 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

O Almacen Cultural de Vigo inaugura a exposición #AsArtistas

#AsArtistas é un proxecto creado por David Amoedo no no seo de Festival Nun Local. Naceu cunha ruta por diferentes rúas de Vigo nas que se podían atopar 34 murais con ilustracións dalgunhas das mulleres artistas que participaron nas tres primeiras edicións do Festival. O seu principal obxectivo é visibilizar o traballo da muller nos ámbitos da música, a literatura e as artes escénicas.

Ademais dos muráis de rúa, o proxecto tamén está formado por ilustracións tamaño A4, postais, marcapáxinas e un libro compilatorio, que estarán expostos dende o 16 de novembro ata o 30 de decembro no Almacén Cultural. Coa venda deste material contribúese ao financiamento do festival.

Coincidindo coa inauguración da expo, o próximo venres 16 de novembro as 19.30h contaremos cun taller de debuxo no que aprenderemos os principios básicos para debuxar o rostro humano nos estilos cartoon, manga ou americano. O taller está dirixido a calquera persoa a partir dos 9 anos en diante. O taller estará impartido polos profesores de Obradoiro Fósil, entre os que se atopa o debuxante responsable da expo #AsArtistas, David Amoedo.

Entrada libre para a exposición || 2€ para o taller (material incluído)

O Almacén Cultural Avenida Ramón Nieto 58, 36205 Vigo

Para participar no taller, por favor, envía un mail a info@oalmacencultural.com