O Almacen Cultural de Vigo ven a organizar un taller de danza irlandesa, apúntaste?

12.00h Iníciate nesta divertida danza tradicional
Publicado por o día 12/10/2018 na sección de Galicia,Vigo

O Almacen Cultural de Vigo ven a organizar un taller de danza irlandesa, apúntaste?

A danza irlandesa caracterízase pola rapidez de pernas e movementos de pés; o corpo e os brazos mantéñense estáticos. Esta danza divídese en dous grandes grupos en función do tipo de zapato co que se baila: zapato suave, ou zapato duro (similar aos zapatos de claqué). Dentro das danzas de zapato suave existen catro estilos: reel, slip jig, light jig e single jig. Os zapatos duros inclúen o hornpie en tempo sincopado, o treble jig e o treble reel e conxuntos tradicionais. A danza irlandesa social ou céilí é un tipo de baile que varía ao longo de Irlanda e o resto do mundo. Báilase normalmente dende dúas ata dezaseis persoas.

Neste taller intensivo de 2 horas que van facer un pouco máis que un primeiro pasiño do baile irlandés, pero todo nun ambiente distendido. Veranse os movementos básicos: como colocar os pés e os brazos. Aprenderemos os pasos básicos dun baile de zapatos suaves “a solo” e despois utilizaremos estes pasos para facer un baile social céilí en formación de círculo ou cuadrilla. Probaremos algúns pasos básicos de zapatos duros, incluíndo o treble, o paso máis famoso de Riverdance.

O taller será impartido en inglés e castelán.

IMPARTIDO POR: EDEL DUFF

Edel é unha profesora de baile tradicional irlandés certificada pola organización irlandesa An Chomdháil dende 2011 e con moitos anos de experiencia en competición. É irlandesa e leva 2 anos en Galicia.

SÁBADO 24 DE NOVEMBRO DE 12.00H A 14.00H
APORTACIÓN: 20€ (2H.)

Avenida Ramón Nieto 58, 36205 Vigo

Inscrición en http://www.oalmacencultural.com/taller-danza-irlandesa/