A concellería de Cultura, Normalización Lingüística e Turismo, que dirixe Hortensia Bautista, organiza o primeiro concurso de poemas ilustrados e videos “Día Rosalía de Castro”.
Hortensia Bautista explica que este concurso diríxese ao alumnado de ensino de todos os centros educativos de Ponteareas coa finalidade de potenciar a creatividade e o coñecemento da obra da xenial poetisa.
O tema dos poemas ilustrados e os vídeos serán os poemas de Rosalía de Castro ou poemas e vídeos dedicados ou composto para a poetisa.
As bases poden consultarse na páxina web do concello na pestaña “cultura” ,”bases” ou premendo na seguinte ligazón https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/
O concurso establece dúas modalidades: poemas ilustrados para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria e modalidade de vídeos para alumnado de ESO, bacharelatos e ciclos formativos.
Os traballos realizaranse de forma individual ou en grupo e empregando a lingua galega.
Os poemas ilustrados poderán elaborarse nas técnicas de debuxo, collage, acuarelas ou similares.
Os centros de ensino realizarán unha preselección de tres traballos de cada clase presentada.
Os traballos de Primaria recolleranse nos centros por personal da Concellería de Cultura e os da categoría da ESO deberán presentar os seus traballos antes das 20 horas do luns 18 de febreiro por e-mail ao enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es
O xurado estará composto poa concelleira, por persoal do departamento que dirixe e por representantes da educación, cultura e comunicación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.