O Banco de Alimentos necesita 500 voluntari@s para poder desenvolver varias Operacións Quilo os próximos meses

A primeira delas levará a cabo mañá, venres, e o sábado, nos dous Alcampo da cidade viguesa. Uns 80 voluntari@s participarán nesta cita solidaria coa que se renovarán oficialmente este tipo de accións coas que se pretende facer provisión de produtos básicos que xa escasean
Publicado por o día 27/02/2020 na sección de Galicia,Vigo

O Banco de Alimentos necesita 500  voluntari@s para poder desenvolver varias Operacións Quilo os próximos meses

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo necesita 500 voluntari@s para poder desenvolver con éxito varias Operacións Quilo previstas os próximos meses.

A primeira delas levará a cabo mañá, venres, e o sábado, 28 e 29 de febreiro, nos dous Alcampo da cidade viguesa. Serán uns 80 voluntari@s os que participarán na devandita cita solidaria coa que se renovarán oficialmente este tipo de accións de gran importancia para seguir facendo provisión de produtos básicos.

As Operacións Quilo supoñen un gran impulso sempre debido a que, cando se cumpren case catro meses da celebración da Gran Recollida, os pasados 23 e 24 de novembro, xa hai alimentos de primeira necesidade que comezan a escasear nos dous almacéns cos que conta a ONG en Vigo e Pontevedra.

Tanto marzo como maio serán os meses de maior actividade solidaria para o Banco de Alimentos. Xa están confirmadas varias campañas impulsadas por distintas superficies comerciais como é o caso de Vegalsa-Eroski (O Zampakilos Solidario), Carrefour (a nivel estatal) ou Gadis (Maio Solidario).

Como facerse voluntari@ Para ser voluntari@ hai que darse de alta a través da web (https://www.bancoalimentosvigo.org/about- us/solicitude-de-voluntariado/) ou chamado ao 986263022. Trátase de regalar catro horas do noso tempo a favor das persoas con menos recursos.

A ONG, que este ano cumpre 25 anos de actividade, repartiu ao redor de 1,8 millóns de quilos de alimentos durante 2019, atendendo a 20.000 persoas desfavorecidas na provincia, a través das 150 entidades homologadas coas que traballa.

O Banco de Alimentos, que se caracteriza por ser apolítico e aconfesional, dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta. Actualmente, cobre o 35% das necesidades das persoas ás que axuda.