O sendeirismo é unha moi boa opción para aproveitar o teu tempo de lecer durante calquera época do ano: axudache a estar en forma e relaxarte, ao tempo que che permite descubrir algún dos infinitos recunchos de Galicia. Para que a túa ruta non se torza, dende o 112 Galicia dámosche unha serie de consellos que farán do teu día de andaina unha xornada inesquecible.
Antes de botarte a andar, planifica a túa ruta. Infórmate das características e condicións do camiño, onde empeza e onde acaba, cantos quilómetros son e, por suposto, o seu nivel de dificultade.
Ademais, ten en conta que:
- O mapa é o teu mellor amigo. Se a ruta vai por un camiño con sinalización, guíate polas marcas do sendeiro
- Iso si, o teléfono móbil sempre no peto e coa batería chea. Lembra que o número de emerxencia 112 funciona pese ás condicións reducidas de cobertura
- Activa o GPS para facilitar a localización. Sen esa ferramenta será difícil. Tamén podes descargar o Safe365(Ábrese nunha nova xanela)
- Leva roupa e calzado cómodos. Os zapatos incluso mellor se son impermeables (nunca se sabe cando terás que saltar un regato). Como complemento, non está de máis ir acompañado dun bastón de trekking
- Consulta que tempo vai facer. Moito ollo coas altas temperaturas e coas brétemas, que restan visibilidade
- Hidrátate e come. Leva alomenos un litro e medio de auga e/ou bebidas isotónicas. Bebe aos poucos, sen esperar a ter sede. Mete tamén na mochila froitos secos, bocadillos ou froita
- Respecta a contorna. Non tires lixo e non prendas lumes no monte. Unha barbacoa pode rematar con ducias de hectáreas nun abrir e pechar de ollos
- Se te perdes mantén a calma. Chama ao 112 Galicia. Podémosche axudar cunha simple mensaxe de WhatsApp na que nos facilites as túas coordenadas
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.