O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publica no día de hoxe o estrato da convocatoria de subvencións anuais para fomentar a práctica deportiva e a participación en competicións oficiais relativas á tempada 2018. As entidades dispoñen do seguinte prazo para a presentación das súas solicitudes: dende mañá, 18.09.2019, ás 00.00 horas, ata o mércores 02.10.2019 ás 23.59 horas.
A forma de presentación será cumprimentando o procedemento 204A da Sede electronica Concello Pontevedra. Xunto aos formularios debidademente cubertos, os clubes deberán achegar como documentación complementaria:
– Xustificante do seguro de Responsabilidade Civil.
– Certificado de non ter débedas en Facenda da Xunta de Galicia (ATRIGA)
– Certificado federativo acreditativo: equipos e categorías da entidade, número de licenzas por categoría e o coste total das licenzas ou ben o Anexo VII debidamente cuberto e selado pola respectiva Federación.
A Concellería de Deportes, que dirixe o socialista Tino Fernández, lembra que a contía das subvencións de 2018 alcanza os 300.000 euros, o que supón que, sumados aos 300.000 que o seu departamento xa lles está a aboar a 57 clubes da cidade en concepto das axudas de 2017, “as equipas contarán con 600.000 euros antes de que remate o ano“.
Asemade, o Servizo Municipal de Deportes tamén abriu hoxe o prazo de preinscrición para as Escolas Deportivas Municipais, que este ano, grazas a un incremento de 108.000 euros nas achegas (de 142.000 a 250.000 euros), ampliarán as súas prazas de 1.800 a 2.500: as subvencións pasan de 60 a 82 euros por rapaz.
“Unha das miñas principais prioridades cando me fixen cargo da Concellería de Deportes -subliña Fernández- era poñer ao día aos clubes no cobro das subvencións e facer que as recibisen en tempo e forma. Era unha promesa electoral e xa a estamos a cumprir”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.