Ao redor de 30 persoas adultas e 10 nenos e nenas participaron esta mañá na primeira plantación do denominado ‘Bosque de Nadal’ en Tomeza. Estes bosque nace con 25 exemplares de árbores que durante o período de Nadal foron utilizadas como elementos decorativos nos fogares dos pontevedreses e pontevedresas e que esta mañá acudiron a plantalos en Tomeza para darlles unha segunda oportunidade e alongar a súa vida.
Esta iniciativa, que chega da man da Concellaría de Montes e da Comunidade de Montes de Tomeza, nace coa perspectiva de manterse e mesmo ampliarse nos vindeiros anos, segundo informou o concelleiro responsable da área, Alberto Oubiña. O propio concelleiro, representantes da Comunidade de Montes, e as familias que doaron as árbores acudiron esta mañá plantar os 25 exemplares cos que nace o ‘Bosque de Nadal’.
A plantación realizouse nunha zona forestal situada a carón do campo de fútbol vello (subindo cara a San Cibrán), nunha área previamente delimitada e na que se utilizou compost procedente dos centros de compostaxe comunitaria da cidade. Nos vindeiros días, membros da Comunidade de Montes supervisarán estas árbores para favorecer o seu enraizamento.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.