O Centro Comercial Travesía celebra a súa particular festa de Halloween

Publicado por o día 25/10/2018 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

O Centro Comercial Travesía celebra a súa particular festa de Halloween
O Centro Comercial e de Lecer Travesía acollerá o próximo 31 de outubro, de 16:00 a 20.00 horas, unha serie de actividades dirixidas a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos para gozar dunha terrorífica tarde de Halloween chea de diversión.
• Maquillaxe: maquillaxe facial para nenos e nenas de diferentes temáticas.
• Pixel art: con pequenas pezas de plástico de diferentes cores poderán compoñer diferentes imaxes, figuras e motivos pixelados.
• Taller de chapas: utilizando máquinas e persoais poderán crear as súas propias chapas. As actividades celebraranse na planta alta do Centro Comercial e son gratuítas. Para máis información consulten www.cctravesia.com