O Centro Oceanográfico de Vigo oferta un contrato predoctoral no marco do proxecto IMPRESS

O contrato enmárcase nas axudas públicas do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade, do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación.
Publicado por o día 17/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

O Centro Oceanográfico de Vigo oferta un contrato predoctoral no marco do proxecto IMPRESS
O Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO) oferta o contrato predoctoral “Mellora do consello científico para a xestión de recursos pesqueiros de interese para España” ( RTI2018-099868- B-100).
 
O obxectivo deste contrato predoctoral é a realización dunha tese, enmarcada no proxecto IMPRESS: Improving scientific advice to fishery management for resources of interest for Spain in Atlantic waters.
 
Para a tese, dirixida por Maria Grazia Pennino e Santiago Cerviño, proponse un enfoque metodolóxico novo, para unha implementación efectiva do coñecemento espacial e ecolóxico; isto permitiría abarcar a xestión espacial das especies dunha maneira operacional, proporcionando un enfoque máis holístico e baseado no ecosistema.
 
Na elección do candidato valorarase o expediente académico, o dominio do inglés, os estudos de máster en estatística/ bioestadística ou titulacións equivalentes e a experiencia acreditada en investigación (publicacións, congresos, etc.). Así mesmo, valorarase o coñecemento da linguaxe de programación en R ou software similar.
 
O candidato incorporarase ao equipo de avaliación e terá a oportunidade de participar en grupos de traballo internacionais, así como en congresos e cursos de especialización.
 
As liñas de investigación que se desenvolvan durante a tese teñen unha aplicación práctica inmediata, tanto a nivel nacional como internacional.
 
Toda a información sobre o contrato está dispoñible en https://bit.ly/2MHYmBl