O ciclo sobre o laicismo do Ateneo Atlantico ofrece unha conferencia-coloquio baixo o titulo “a importancia da escola laica”

Publicado por o día 27/01/2020 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

O ciclo sobre o laicismo do Ateneo Atlantico ofrece unha conferencia-coloquio baixo o titulo “a importancia da escola laica”
Desde o pasado novembro, e en colaboración con Europa Laica, o Ateneo Atlántico está a desenvolver un ciclo de conferencias-coloquio arredor do tema xenérico do laicismo.
Despois da primeira proposta, De Marianne ás torres xemelgas, coa participación de Antonio Gómez Movellán, actual presidente de Europa Laica, hoxe é o momento de avanzar na reflexión e centrarnos nun tema tan importante como polémico e apaixonante para un país que na súa Constitución se declara aconfesional: a importancia dunha escola laica como base de partida imprescindible para acadar a aconfesionalidade.
Para axudarnos na reflexión contamos cun peso pesado do laicismo e a educación en España: Francisco Delgado Ruíz.
  • Francisco Delgado Ruiz é psicólogo industrial e licenciado en relacións laborais e saúde laboral. Traballou durante anos en artes gráficas como tipógrafo e despois nunha entidade financeira. En 1976 Felipe González encargoulle a reorganización do PSOE en Albacete. Foi deputado nas Cortes Constituíntes de 1977 e senador na lexislatura de 1979 polo PSOE, partido que abandonou en 1999. Tamén foi tenente de alcalde na cidade de Albacete (1991-1995). Foi líder sindical da UGT, presidente da Confederación Española de Asociacións de pais de alumnos (CEAPA), membro durante 15 anos do Consello Escolar do Estado e durante 3 anos do Consello Escolar de Castilla-La Mancha. Foi presidente da asociación Europa Laica. Ten numerosas publicacións no eido do laicismo e, en concreto, na defensa (e necesidade) dunha escola laica.
    Algunhas das súas publicacións son:
    La escuela pública amenazada. Dilemas en la enseñanza , Madrid, Editorial Popular, 1997
    Hacia la Escuela Laica, Ediciones del laberinto, 2006.
    Aprender sin dogmas (coautor), Editorial Milrazones, 2011

    La cruz en las aulas, Colección AFONDO, AKAL Editorial, 2015
O acto será presentado por Rosa Pascual, catedrática de instituto na materia de Historia, e representante das Mareas Verdes (movemento de protesta contra os recortes en educación que comezaron no curso escolar 2011/2012 e pola dignificación da escola pública).