O cómic “El último día” enche Vigo de zombies

O guionista Fernando Llor adapta a novela de JP González e crea unha apocalipse zombie na cidade olívica.
Publicado por o día 08/01/2019 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

O cómic “El último día” enche Vigo de zombies
Por primeira vez nun cómic, Vigo énchese dunha horda de mortos viventes na obra de xénero Z ‘El último día’ con guion de Fernando Llor, debuxo de Ángel Bernuy e cor de José Amaro e Luís María Dumont.
 
O traballo é unha adaptación libre da novela do vigués JP González e conta unha trama na que Jota, un informático esperta despois dunha festa e a súa cidade está chea de zombies. Tratando de buscar unha explicación atópase cun grupo de militares que tratan de conter a situación e decide levalos ata o sitio máis seguro que coñece: a illa de Toralla, un punto cun só acceso fácil de bloquear.
 
Acción, conspiracións e moitas vísceras completan unha historia entretida e un thriller con varias sorpresas con varias localizacións moi coñecidas para todos os vigueses como a Praza de España, o peirao de transatlánticos, o Casco Vello ou a praia de Samil. Lugares emblemáticos que se enchen de mortos deambulantes.
 
Unha oportunidade de ver a cidade desde un prisma postapocalíptico. A obra pódese conseguir a través da web da editorial The Rocketman Project.

Algunhas das páxinas