O Concello aclarou que o proxecto de construción do Auditorio e a súa reurbanización non suporá a desaparición das pistas de skate que se atopan a día de hoxe nese espazo.
Fontes de Goberno local explicaron que no momento que se realice o proxecto de reurbanización de toda esa zona, buscarase a ubicación máis axeitada dentro da contorna da Praza de España para este espazo tan utilizado pola mocidade de Marín.
De feito, o Goberno local é consciente de que os elementos actuais “precisan dunha renovación”, que se estudará aproveitando o proxecto urbano que está prantexado para a Praza de España.
A práctica de deportes urbanos nas pistas é moi común e na vila marinense conta, ademais destas instalacións, con outras pistas no Parque Azul de Cantodarea.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.