O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para a ruta guiada deste xoves 20 polo sendeiro circular das Medoñas, entre Priegue e Camos

Os interesados en participar deben inscribirse no mail [email protected] e, en caso de precisar intérprete de lingua de signos, deben indicalo tamén
Publicado por o día 17/08/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición para a ruta guiada deste xoves 20 polo sendeiro circular das Medoñas, entre Priegue e Camos

O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail [email protected] para participar no seu roteiro guiado este xoves polo sendeiro circular das Medoñas (Priegue e Camos) dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural. Os interesados deben presentarse ás 10:00 do xoves 20 no Camiño do Monte, 21, en Priegue e, no caso de precisar intérprete de lingua de signos, deben solicitalo no mesmo mail de inscrición.

Esta é unha das rutas máis indicadas para coñecer as pegadas da nosa prehistoria, ademais de varios petroglifos cunha datación entre o 3.000/2.000 A.C. conformados en círculos concéntricos con cazoletas e canles, o sendeiro discorre xunto a mámoa das Requeixadas. O percorrido é de 8,5 km e a dificultade é media/alta cunha duración aproximada de 3,5 horas e no que gozaremos dunha vexetación constituida por un mosaico de pequenos bosques autóctonos de carballos, masas de especies de produción forestal como piñeiros, campos de labor e monte baixo, leguminosas como xestas e toxos formando a orla forestal. Destaca o bosque Atlántico do merendeiro de Camos ou o Mirador dos Outeiros.

Comentar noticia

Your email address will not be published.