O Concello de Nigrán abre os espazos públicos e acomete a limpeza do paseo do Río Muíños e nespereira ante o desconfinamento dos menores

Publicado por o día 26/04/2020 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigrán abre os espazos públicos e acomete a limpeza do paseo do Río Muíños e nespereira ante o desconfinamento dos menores

O Concello de Nigrán abirá mañá os espazos públicos e naturais do municipio (excluídos parques de entretemento con elementos de xogo e instalacións deportivas) para os paseos de
menores de 14 anos e, precisamente con este fin, iniciou esta semana a limpeza do paseo do Río Muíños e Nespereira (Porto do Molle), xa que os que se atopen a menos dun ratio de 1 km. desde o seu domicilio poderán acudir a este lugar. Mediante unha cartelería específica o Concello recompila sendeiros, prazas ou praias abertas a este uso incidindo sempre que só poderán ser empregados cumprindo cos requerimentos que establece o Ministerio de Sanidade, así o controlará Policía Local, que vixiará que non se sobrepase en ningún caso o ratio de 1 km desde a casa familiar e tamén que á praia non se acceda con cans.

“Apelamos á responsabilidade da cidadanía para que cumpran estrictamente o que fixa a lei, cada familia deberá cinguirse a 1 km de máxima distancia da súa casa, así que cada quen deberá empregar o espazo natural que lle corresponda”, subliña o alcalde, Juan González.

“Durante todo este tempo do estado de alarma os traballos dos operarios municipáis reducíronse ao mínimo e para temas urxentes, polo que non se realizaron desbroces, así que desde o luns continuaremos coas concesionarias Brocoli e Cespa estas limpezas de sendeiros co obxectivo de que o paseos sexan totalmente practicables e se atopen nun estado óptimo”, incide o rexedor. “Son lugares abertos, en contacto coa natureza, e por tanto moi idóneos “.

Desde o Concello inciden na propia cartelería nestas premisas que todos deben cumprir desde este domingo:

– Poderán saír con un adulto responsable ata tres menores de 9:00 a 21:00 horas e como máximo unha hora. De non ser o adulto o pai/nai ou titor legal deberá levar consigo unha autorización.

– A distancia non debe superar en ningún caso 1 kilómetro desde o domicilio onde viva o menor. Aplicacións como Google Maps ou https://1km.geomatico.es [1] permiten contrastar distancias.

– É obrigatorio manter unha distancia de seguridade con terceiros de como mínimo 2 metros e menores con síntomas de coronavirus ou situación de aillamento domiciliario por esta cuestión non poden saír.

– Os menores poderán levar consigo un xoguete, incluído bicicleta, balón ou patinete, pero en ningún caso poderán acceder a espazos recreativos como instalacións deportivas ou parques con elementos de xogo (columpios, tobogáns…).

– Recoméndase evitar as horas punta e empregar espazos naturais abertos que estean a menos de 1 km. do domicilio.