O Concello de Nigran celebra o seu XXXV torneo de tenis

Publicado por o día 12/08/2019 na sección de Galicia,Nigrán

O Concello de Nigran celebra o seu XXXV torneo de tenis

O Club Tenis Nigrán acolle o “ XXXV Torneo de Tenis Concello de Nigrán Intersport”. Do 12 ao 18 de agosto desputarase nas instalacións municipais Dunas de Gaifar de Nigrán o Open de tenis “ XXXV Torneo de Tenis Concello de Nigrán”. Trátase do torneo de tenis con máis historia da localidade e conta con numerosas categorías, dando cabida a deportistas de todos os niveis e idades. Este ano conta coa presenza con varios xogadores entre os 10 primeiros da clasificación galega.

O torneo disputarase polas tardes de luns a venres e a fin de semana xogaranse as semifinais e finais. A entrega de premios está prevista o domingo 18 ás 13:30 h. Para máis información, ver os horarios e resultados na web do Club en ctnigran http://www.ctnigran.com.