O Concello de Nigrán e Ovalmi sortean 1.300 € en vales para gastar en 60 locais hosteleiros do municipio

O Concello forneceu de 18.000 papeletas aos comercios asociados a Ovalmi. “Quixemos motivar máis que nunca ao consumo local durante o Nadal e, segundo os propios comerciantes, foi unha moi boa campaña. Agora traballaremos desde o Concello para consolidar esta idea entre a veciñanza como forma de vida e de consumo responsable”, resume o alcalde
Publicado por o día 09/01/2021 na sección de Galicia,Nigrán

Concello de Nigrán e Asociación de Empresarios Ovalmi realizaron este mediodía o sorteo público no Auditorio Municipal de 1.300 € en vales de 50 € para consumir en 26 locais hostaleiros do municipio durante todo o 2021 (cada vale corresponde a un determinado negocio). O resultado pode consultarse na web municipal e os afortunados poderán recollelo a partir do luns 11 de xaneiro, de 10:00 a 14:00, nas oficinas de Ovalmi na Praza Rosalía de Castro, 3). A iniciativa forma parte da campaña municipal de promoción do comercio local ‘Agora máis que nunca este Nadal merca en Nigrán’, mediante a cal se distribuíron 18.000 papeletas entre 60 establecementos comerciais asociados para que repartisen entre os seus clientes.

“É un xeito máis de promover o consumo nos negocios locais e, ao mesmo tempo, beneficiar cos premios aos hostaleiros”, resume o alcalde, Juan González, quen subliña que aos adheridos a Ovalmi tamén se lle ofreceu pintar o escaparate coas letras artísticas #VivoEnNigranComproEnNigrán, distribuíronse 8.000 bolsas de papel kraft co meso lema e estreouse un vídeo ao respecto con gran acollida.

“Quixemos motivar máis que nunca ao consumo local durante o Nadal e, segundo os propios comerciantes, foi unha moi boa campaña. Agora traballaremos desde o Concello para consolidar esta idea entre a veciñanza como forma de vida e de consumo responsable”, resume o alcalde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.