O Concello de Nigrán ven de investir 10.160 € a través das baixas do Plan Concello 2018-2019 na ampliación dos elementos de xogo do parque infantil de Praia América. En concreto, instalouse un novo conxunto modular composto por torres con tellado, ponte, tobogán, rede e elementos para trepar, escaleira e un coumpio para nenos e outro para bebés. “Trátase dun dos parques infantís con maior uso do municipio, polo que consideramos convinte amplialo con máis elementos de xogo, xa que había espazo suficiente”, sinala o alcalde, Juan González, quen destaca que nos últimos anos foron renovados todos os parques infantís da localidade e incluso se crearon outros (caso do Torreiro de Camos, Vilariño ou Grela en Nigrán). O rexedor avanza que seguirá apostando por “crear e mellorar novos espazos de esparexemento” para a infancia pero tamén para maiores cos parques biosaudables e para deportista con elementos axeitados para o adestramento ao aire libre.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.