O Concello de Vigo concedeu axudas de emerxencia a 29.000 persoas durante a pandemia

Un total de 114 persoas están acollidas a día de hoxe nos albergues e hostais da cidade a cargo do Concello. Ademais, o alcalde sinalou que foron aprobadas novas axudas de emerxencia para atender as necesidades das familias viguesas e que o importe total desde o inicio da pandemia suma xa máis de 1,6 millóns de euros.
Publicado por o día 13/01/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello de Vigo concedeu axudas de emerxencia a 29.000 persoas durante a pandemia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores de que a o Concello de Vigo aprobou na comisión do martes outras 18 axudas adicionais de emerxencia por importe de 2.730 euros. En total, desde marzo do pasado ano, xa foron entregadas 11.617 achegas por importe de 1.628.313,27 euros.

Ademais, o rexedor sinalou que a día de hoxe hay aloxadas 114 persoas sen recursos. No albergue municipal de Marqués de Valterra hai 37 prazas ocupadas; na Fundación Santa Cruz hai 12 persoas aloxadas e outras 65 están en hostais e hoteis custeados polo Concello.

O rexedor tamén explicou que a Unidade de Rúa atende a catorce persoas que rexeitaron ir a o albergue ou a un hostal e se lles deu o kit de hixiene e comida feita na cociña do albergue municipal.