O Concello do Grove anima á participación no concurso de carteis da Festa do Marisco 2020

O prazo de presentación das propostas remata o vindeiro 27 de setembro
Publicado por o día 22/08/2019 na sección de Galicia,O Grove

O Concello do Grove anima á participación no concurso de carteis da Festa do Marisco 2020

O Concello do Grove lembra que está aberto o prazo de presentación de orixinais para participar no concurso do cartel da Festa do Marisco 2020. As bases, que foron aprobadas, están dispoñibles na web do Concello. O premio está establecido en 500 euros e os bosquexos poderán ser entregados nas oficinas do Edificio Administrativo (rúa Alcalde Xacobe Barral) ata as 14.00 horas do 27 de setembro de 2019.

O cartel, que terá unas medidas de 30 x 45 cm en sentido vertical ou horizontal, deberá incluir o anagrama que o Concello do Grove ten rexistrado (centola con cunca) e as datas nas que terá lugar a seguinte festa (1 ao 12 de outubro de 2020), ademais de incluir expresamente o nome de “Festa do Marisco. O Grove 2020”.

Bases do concurso.