O Concello do Grove, contando co patrocinio da Deputación de Pontevedra, pon en marcha a VI edición do prestixioso Concurso de Pintura Ernesto Goday. O premio, convocado en memoria do insigne pintor local Ernesto Goday, dotado con 3.000 euros. Así mesmo, grazas á colaboración establecida coa Asociación Española de Pintores e Escultores (AEPE) o premiado ou premiada tamén recibirá un diploma e medalla desta institución da que Goday formou parte.
Neste Certame pode participar calquera persoa maior de idade que presente unha obra figurativa, inédita e orixinal da súa autoría, cunhas dimensións comprendidas entre 60×50 e 150×150, realizada con técnica libre. A temática terá que estar relacionada coa paisaxe natural e urbano do Grove e as súas xentes. Os interesados en participar, poderán facer a súa inscrición aportando unha fotografía da obra en formato dixital acompañada da correspondente folla de inscrición que xa está dispoñible na web do Concello. O prazo remata o 30 de setembro de 2018.
O xurado, composto por profesionais do mundo da arte, realizará unha preselección que se comunicará aos interesados no mes de outubro. Os artistas seleccionados deberán enviar as súas obras que formarán parte da exposición do concurso e do correspondente catálogo de 2018, desta preselección sairá a obra gañadora desta edición
Bases da VI Edición do Concurso de Pintura Ernesto Goday
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.