O Concello do Grove convoca a VIII edición do Concurso de Fotografía “A Muller Traballadora” cuxas bases comezaranse a distribuír a partir do venres 18 de xaneiro.
Este concurso realízase con motivo do Día Internacional da Muller, no que se conmemora a loita da Muller pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa, e está centrado no ámbito do traballo e co que se pretende que, a través das imaxes, se reflicta o traballo das mulleres en calquera eido.
No Concurso establécense tres premios cuxa contía incrementouse en 50 euros con respectos ás anteriores edicións:
- 1º premio: 350 €
- 2º premio: 250 €
- 3º premio: 150 €
Outra novidade é que este ano establécese un novo Premio de 150,00 € para o Impulso á promoción da muller destinado á fotografía que promova a igualdade, o desenvolvemento profesional e o liderazgo das mulleres na súa incorporación a postos de responsabilidade e dirección.
No concurso poderá participar calquera persoa física maior de idade que presente unha obra súa, orixinal e inédita. Cada autora ou autor poderá presentar un máximo de tres fotografías en formato impreso ou dixital.
As fotografías deberán ser orixinais e non premiadas noutros concursos. Poderán presentarse en vertical ou horizontal e admitiranse fotos en cor e en branco e negro, quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.
As bases, que se poderán consultar na páxina Web do Concello do Grove a partir do mércores 16 –www.concellodogrove.es-, establecen o prazo límite de presentación das obras o venres 22 de febreiro de 2019.
No mes de febreiro de 2019 reunirase un xurado composto por integrantes do Consello Local da Igualdade e por profesionais relacionados co mundo da arte e a fotografía para a selección das imaxes recibidas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.