Unha das tarefas pendentes por parte do Goberno actual no relativo ao coidado da lingua e a cultura galega, gardaba relación coa existencia dunha ordenanza sobre o uso da lingua galega nas tarefas administrativas e de divulgación municipal. Para este fin o Servizo de Normalización Lingüística ten traballado a partires da documentación recollida noutras administracións para o desenvolvemento dunha proposta que no día de onte foi debatida co resto de grupos políticos da corporación.
A referida ordenanza nace co espírito de “desenvolver accións encamiñadas a implicar ao conxunto da sociedade no proceso de normalización lingüística”. Deste xeito, a nova ordenanza establece un compromiso claro e directo de que o Concello do Grove empregue o galego en todas as súas accións tanto internas como externas. Deste xeito faise especial fincapé na formación e tamén nas accións de divulgación para realizar un especial coidado e dedicar atención a un patrimonio inmaterial como é a lingua.
A intención do goberno é a aprobación da ordenanza no pleno que se celebrará a finais deste mes para poder comezar coa súa aplicación o antes posible. Debe terse en conta que a ordenanza establece o galego como lingua oficial do Concello polo que a aplicación da mesma suporá melloras na sinalización e no material escrito que se elabore no municipio. Ademais do anterior crearase unha comisión técnica que velará polo seguimento e aplicación desta norma pola que se levaba anos agardándose pola falla de acordo dos grupos.
Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello do Grove
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.