O Concello do Grove ven de recibir a comunicación que o confirma como beneficiario do segundo premio da primeira categoría dos Premios Camiño de Santiago na convocatoria de 2018.
O referido premio está dotado cunha contía de 5.000 euros, establecendo á Xunta de Galicia un prazo de dez días para a aceptación do mesmo.
O proxecto remitido para optar a este premio, parte da colocación do cruceiro na zona marítima de Cantodorxo. Ademais do valor propio da peza escultórica, obra do artista Francisco Pazos, a espectacular beleza da ubicación e, por suposto, o valor histórico da zona en relación ao Camiño de Santiago xa que dende esa punta se marca a entrada do Apostolo na barca de pedra para remontar o río camiño de Santiago.
Pero a proposta non só queda nese punto xa que se acompaña de accións de promoción como a creación da guía turística “O Grove nos camiños de Santiago” presentada o pasado ano durante a Festa do Marisco ou a inclusión do cruceiro do Grove na Ruta Marítima do Mar de Arousa e do Ullla. Todo isto permite situar ao Grove como punto de referencia do Camiño Santiago, incidindo no descubrimento da Moeda de Adro Vello como constatación desa vinculación.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.