O Concello implanta na Neira Vilas un sistema de préstamo a domicilio para confinados por Covid

A biblioteca municipal de Martínez Garrido ofrecerá desde este venres este novo modelo de entrega a domicilio en menos de 48 horas. Cun máximo de dez documentos (entre libros, música, revistas e cine), poden solicitalo os socios que vivan en Vigo e estean en corentena, no 986267759 ou no mail bpneiravilas@vigo.org
Publicado por o día 17/12/2020 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello implanta na Neira Vilas un sistema de préstamo a domicilio para confinados por Covid

O goberno de Vigo amplía as posibilidades de acceso á cultura para os usuarios da biblioteca municipal Neira Vilas. Abel Caballero vén de anunciar un novo sistema de préstamo de documentos a domicilio para persoas confinadas por Covid, que recibirán o material nas súas casas en menos de 48 horas.

Explicou o alcalde que o servizo pode ser utilizado polos socios da biblioteca confinados por Covid nunha vivenda en Vigo, que deben solicitalo por teléfono ou correo electrónico (no 986267759 ou no mail bpneiravilas@vigo.org). É posible recibir ata dez documentos (cun máximo de cinco libros, catro DVD, tres CD e tres revistas) prestados durante 21 días, un prazo que pode ser prorrogado por outras tres semanas, por teléfono, correo electrónico ou na propia web. O usuario deberá devolver o material na propia sede de Martínez Garrido, onde estará sete días en corentena.

Para quen o desexe, o propio persoal da biblioteca municipal pode elaborar distintas propostas de préstamo, adaptadas aos gustos, idades ou grupos de convivintes que se atopen illados, por exemplo, con xogos e entretemento en familia, opcións para parellas… Os interesados tamén poder darse de alta nas plataformas GaliciaLe (de préstamo de libros electrónicos en galego e castelán) e na EfilmVigo (con máis de 12.000 títulos audiovisuais a demanda).

Por último, Caballero recordou que tanto a biblioteca municipal Neira Vilas como a propia empresa de transporte contan con protocolos contra o coronavirus. Así, será o persoal da dotación cultural o único en manipular o material, o mensaxeiro portará máscara, gardará distancia de seguridade e fará a entrega en domicilio sen que o usuario teña que tocar nada máis que o paquete que recibe.