O Concello promove durante o verán actuacións de corais e bandas por toda a cidade

“Vigo, un Mar de Bandas” e “Vigo, un Mar de Corais” encherán de música todos os recunchos da cidade nos próximos días con nove corais e corenta bandas. Estes festivais, apuntou o concelleiro de Cultura, “axuda a construír un proxecto común de cidade, converténdose nunha ferramenta para construír convivencia”.
Publicado por o día 28/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Concello promove durante o verán actuacións de corais e bandas por toda a cidade

O concelleiro de Cultura, Abel Losada, participou esta mañá na presentación dos festivais “Vigo, un Mar de Bandas” e “Vigo, un Mar de Corais”, que se desenvolverán nos próximos días en Vigo. Acompañado por Enrique Lorenzo, responsable de ACOPOVI e Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, Losada eloxiou a capacidade destes eventos para “implicar a gran parte da cidadanía”. Rúas, museos, parroquias, centro, todo tipo de espazos públicos acollerán a música das 9 corais e 40 bandas de música que temos na cidade. O edil de Cultura felicitou á organización dun evento que vai máis alá da cultura porque “axuda a construír un proxecto común de cidade, converténdose nunha ferramenta para construír convivencia, ademais de cohesión territorial e social.

Programas

 Un Mar de Bandas
 Un Mar de Corais