A concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández felicita ao alumnado participante no Congreso de alumnado que tivo hoxe lugar no IES Val do Tea e no que expuxeron alumnos e alumnas do IES do Barral, do CPR Santiago Apostol, IES Pedra da Auga e do Colégio do Minho, R. de São Tiago 92, 4900-307 Viana do Castelo.
Dende un periscopio ecolóxico á contaminación por nitratos nas fontes públicas de Ponteareas ou a alimentación axeitada pasando por hábitos de vida saúdables foron algúns dos contidos que se puxeron enriba da mesa neste congreso que se celebrou no marco da cuarta edición da Semana das Ciencias.
O alumnado participante foi agasallado cunha publicación no que se recollen todas as súas ponencias. A intención é potenciar o espírito investigador e espertar a curiosidade pola ciencia.
Cristina Fernández convida a toda a cidadanía a particiàr nas ponencias que cada día comezan a partir das sete da tarde na sala multiusos do auditorio municipal; así como no resto das actividades programadas nesta edición e que podemos atopar na páxina web http://semanadasciencias.ponteareas.gal
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.