O día 22 de marzo abre o prazo para inscribirse nas oposicións de Educación

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria. O prazo estará aberto ata o vindeiro 13 de abril
Publicado por o día 21/03/2018 na sección de Educación,Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde do 14 de marzo de 2018 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o 22 de marzo e rematará o 13 de abril de 2018.

As persoas solicitantes deben rexistrarse obrigatoriamente na aplicación de oposicións, onde deberán crear unha instancia. É ademais obrigatorio que a solicitude e, se é o caso, a documentación, se presente electronicamente a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia dentro do prazo indicado na convocatoria. A información para realizar este procedemento pode consultarse tanto na propia convocatoria como no portal educativo da Consellería.

A Consellería convoca para o ano 2018 un total de 2.050 prazas en 30 especialidades, co fin de seguir avanzando na diminución da taxa de interinidade dos corpos docentes que, cun 13% é xa a máis baixa de todo o Estado.

A distribución de prazas por especialidade é a seguinte:

Ingreso