O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación provisional de persoas admitidas no proceso selectivo para a cobertura de 109 postos de auxiliar de policía local.
A listaxe provisional de aspirantes admitidos/as poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública,http://agasp.xunta.gal. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir de mañá para emendar, o defecto que motivou a súa exclusión
Cabe lembrar que a Xunta publicou en novembro un decreto para centralizar na AGASP as oposicións a auxiliares e policías locais dos concellos que así o decidisen voluntariamente. O obxectivo da iniciativa é favorecer a calidade dos procesos selectivos, asegurar a cobertura das prazas e acadar unha policía local cada vez máis especializada. Ademais, deste xeito centralízase o proceso selectivo na mesma academia onde se leva a cabo a formación deste corpo, e nas mesmas instalacións onde está centralizada a xestión das emerxencias.
En virtude deste convenio, os concellos foron solicitando desde principios de ano adherirse a este procedemento. Deste xeito, fóronse asinando os respectivos convenios de colaboración para delegar estas competencias na Xunta.
A partir de agora, o primeiro proceso de selección que se celebrará será o de auxiliares. A previsión é que o proceso estea rematado a finais de maio, para que os concellos poidan dispoñer dos auxiliares na tempada de verán. De acordo ao previsto no decreto, elaborarase e xestionarase por parte da AGASP unha listaxe de reserva para a contratación de auxiliares. Así, os concellos poderán solicitar á AGASP o chamamento da listaxe para cubrir de xeito inmediato as súas necesidades urxentes, sempre que se cumpran os requisitos legais establecidos na Lei de Coordinación de Policías.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.