O DOG publica hoxe o proxecto construtivo da prolongación da Vía Ártabra ata a AP-9, que suporá un investimento autonómico de máis de 35 millóns de euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé a aprobación das expropiacións nos vindeiros e de seguido iniciar a contratación das obras do 1º tramo da conexión entre a N-VI e a estrada AC-221 antes de que remate o ano
Publicado por o día 18/01/2019 na sección de Xunta de Galicia

O DOG publica hoxe o proxecto construtivo da prolongación da Vía Ártabra ata a AP-9, que suporá un investimento autonómico de máis de 35 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a anuncio da aprobación definitiva do proxecto de construción da prolongación da Vía Ártabra ata a autoestrada AP-9, unha actuación na que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade investirá máis de 35 millóns de euros.

Esta actuación desenvolverase en dúas fases, unha primeira entre o enlace da N-VI e a estrada autonómica AC-221, e unha segunda, entre esta última vía e a autoestrada AP-9, que requirirá da autorización do Ministerio de Fomento.

Pódese consultar o anuncio aquí.

A Xunta prevé aprobar nos vindeiros días as expropiacións e iniciar de seguido iniciar a contratación das obras da primeira fase, entre a N-VI e a estrada San Pedro de Nós- Mabegondo (AC-221). Isto permitirá avanzar no desenvolvemento da actuación mentres o Ministerio de Fomento non resolve a autorización da conexión coa Autoestrada do Atlántico.

A prolongación da Vía Ártabra é unha actuación estratéxica para completar o treito da estrada xa en servizo entre O Castelo e a NV-I, permitindo dotala de plena funcionalidade, ao mellorar o acceso á Coruña e a seguridade viaria para os tráficos procedentes de Cambre, Oleiro e Sada.

O documento técnico desenvolve os proxectos de trazadado correspondentes aos treitos “Lorbé-AC-221” e “AC-221-Autoestrada AP9’ aprobados nos anos 2008 e 2009 respectivamente.

Este proxecto construtivo foi sometido a información pública, permitindo realizar achegas tanto ás administracións públicas como a particulares interesados. Como resultado dese proceso e dos informes solicitados, recibíronse varias alegacións e suxestións que permitiron enriquecer o proxecto.

As obras previstas no proxecto construtivo teñen unha lonxitude de case 4 quilómetros e están compostas polos seguintes elementos: un enlace de conexión da Vía Ártabra coa N-VI, un tronco desde esa estrada nacional ata a AP-9, unha conexión coa AC-221, que inclúe o ramal de conexión co polígono do Espírito Santo, e un enlace coa AP-9.