O Dr. Legarra novo xefe de servizo de Cirurxía Cardíaca

Actual xefe de sección, asume hoxe a xefatura do servizo en substitución do Dr. Gonzalo Pradas, que xubilouse recentemente
Publicado por o día 18/06/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

O Dr. Legarra novo xefe de servizo de Cirurxía Cardíaca

Con data de hoxe, o Dr. Juan José Legarra Calderón asume a xefatura do servizo de Cirurxía Cardíaca, tras a recente xubilación do Dr. Gonzalo Pradas. O nomeamento prodúcese en comisión de servizos, en espera da convocatoria da praza e a súa resolución polo procedemento de avaliación colexiada. O Dr. Legarra viña desenvolvendo xefatura de sección de Cirurxía Cardiaca no CHUVI,
onde leva traballando desde o ano 2000.

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra, realizou a especialidade na Clínica Universitaria de Navarra e completou a súa formación no Hospital Reina Sofía, de Córdoba.

Na súa traxectoria profesional cabe subliñar que antes da súa chegada ao Complexo vigués, formou parte do equipo que montou o servizo de Cirurxía Cardíaca do Hospital de León. No seu currículum destaca tamén unha intensa labor docente como titor de residentes.