O equipo galego de taekwondo acrobático, Yidam CEIP Balaídos, lanza un crowdfunding para participar no próximo campionato mundial

Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Deportes,Galicia,Vigo

O equipo galego de taekwondo acrobático, Yidam CEIP Balaídos, lanza un crowdfunding para participar no próximo campionato mundial

O equipo galego de taekwondo acrobático, Yidam CEIP Balaídos, lanza un crowdfunding para participar no próximo campionato mundial

“Necesitamos da vosa axuda para poder financiar esta viaxe”. É o primeiro que se pode ler na plataforma Gofundme, onde o equipo galego de taekwondo acrobático co seu adestrador, José Cid, á cabeza lanzaron un crowdfunding destinado a conseguir fondos para asistir ao Campionato Mundial da dita disciplina.

“Os resultados obtidos no anterior campionato do mundo de taekwondo fixéronnos decidirnos a viaxar a Exipto para esta nova edición, por iso necesitamos o teu apoio”, argumentan na páxina da internet, desde onde piden a máxima difusión.

O certame ten por nome Beach World Championship, levará a cabo do 11 ao 13 de outubro en Exipto e para participar nel, a agrupación deportiva necesita reunir 2 mil euros que lle permitan cubrir os gastos de desprazamento, de aí o crowdfunding.

Podes acceder á campaña na seguinte ligazón: https://www.gofundme.com/f/1m9tz5dco0

Comentar noticia

Your email address will not be published.