O Festival de Cans inaugura mañá a exposición “Outra pel, outro rostro” da fotógrafa Cris Andina

Esta mostra é unha homenaxe aos profesionais da interpretación que poderá verse durante un mes entre a Sala Ingrávida e o Centro Recreativo Cultural do Porriño.
Publicado por o día 14/05/2019 na sección de Cultura,Galicia,O Porriño

O Festival de Cans inaugura mañá a exposición “Outra pel, outro rostro” da fotógrafa Cris Andina

O Festival de Cans no seu intento de ter o cinema como punto de partida e achegar o festival a outras disciplinas, programa por primeira vez unha exposición fotográfica, que vai máis alá das datas principais do certame. Este mércores 15 de maio ás 19:30 horas inaugurarase a mostra “Outra pel, outro rostro” da ribadense Cris Andina. Un traballo, formado por máis de 30 retratos, que este fotógrafa realizou seguindo a numerosas actrices e actores para retratalos no intre no que pasan a barreira da caracterización e mudan de rostro para interpretar aos seus personaxes no escenario. Esta mostra, que estará dividida entre o Círculo Recreativo Cultural do Porriño e a Sala Ingrávida, é de entrada gratuíta e poderá visitarse ata o vindeiro 15 de xuño.

Cris Andina quixo homenaxear nesta exposición ao oficio da interpretación, facendo uns retratos nos recalcan o uso do talento espido que despregan os profesionais do teatro no que adoita primar o espazo figurado fronte á propia personaxe. De aí a escolla da fotógrafa de realizar fotografías en branco e negro e sen artificios. Nela poderemos ver rostros habituais como Miguel de Lira, Melania Cruz, Javier Gutiérrez, Xosé A. Touriñán, María Vázquez, Serxio Pazos ou a Areta Bolado, Noelia Castro e Alién Kendelman da compañía teatral A Panadaría.

O xoves 16 se realizará a venda física de entradas da 16º Festival de Cans

Hoxe, día 14 ás 23:59, remata o prazo para mercar as entradas online a través da páxina web da nosa tenda (tenda.festivaldecans.com). A partir do xoves 16 de maio, o Festival de Cans porá a venda as derradeiras entradas para acudir ás proxeccións das curtametraxes da Sección Oficial desta 16º edición e á para asistir a outras actividades e sesión paralelas de pago. As persoas que queiran adquirir tickets anticipados poderán facelo de forma presencial no punto de venda que se abrirá entre as 19h e as 21h no Local Parroquial de Cans. No caso de non esgotarse, as entradas tamén se poderán mercar no posto de merchandising durante os propios días do certame, do mércores 22 ao sábado 25. Os compradores e compradoras poderán recoller tamén de forma gratuíta nese momento o catálogo con información ampliada de toda a programación (solo los que compren entradas para animación y ficción o Furacans).

As entradas para ver as curtas de Ficción e Animación (en sesión de mañá ou de tarde) custan 12€, mentres as de FuraCans – Non ficción teñen un prezo de 6€. Nesta edición, aumentan a programación audiovisual e musical do Invernadoiro de Mucha do Peso: o evento que xunta a actuación de Chisme coa estrea da película SYD dirixida por Fernando Epelde ten un prezo de 5€. Ao igual que a presentación do disco Fulgor de Budiño máis a retrospectiva dos seus videoclips e a estrea do espectáculo de videopoesía Melancoholemiade Antón Reixa, que tamén teñen un prezo de 5€ cada actividade. Por último, tamén se poderán adquirir a un prezo de 3€ os pases para ExtraCans, a sección paralela de curtas internacionais, e as entradas para o Jalpón dos Oscar, no que se proxectarán as curtas Madre de Rodrigo Sorogoyen e Timecode de Juanjo Giménez e na que contaremos coa presenza dos dous directores.

Os hoteis do Porriño colgan o cartel de completo

Desde a semana pasada, non hai habitacións dispoñibles en ningún establecemento hoteleiro do concello de O Porriño. Moitas das persoas que asistirán ao festival están reservando xa hoteis en concellos limítrofes como Tui, Ponteareas ou Vigo. É a primeira edición na que a organización ten constancia de tal número de reservas con tanta antelación.

Para facilitar ao público a súa visita ao festival, a organización reforzará nesta edición o servizo de autobuses para acceder a Cans desde o centro do Porriño, habilitando aparcamentos específicos na zona do Pavillón Polideportivo e no parking do Restaurante Guanabara. Os horarios aumentarán ademais de frecuencia na tarde do venres 24 de maio e desde a mañá do domingo 25 de maio, e tamén haberá un servizo de autobuses adaptado para persoas con mobilidade reducida, cadeiras de rodas e carros de bebés.