As Illas Cíes xa poden ser visitadas virtualmente con fotografías esféricas e actuais en alta resolución. Tras varios meses de traballo, máis de 3.000 fotografías e unha longa post-produción dixital, o fotógrafo Luis Solla pon fin a un gran proxecto gráfico.
Grazas ao seu traballo, xa podemos partir desde o porto de Rodas e ir avanzando polos carreiros de Cíes coma se estivésemos alí, coñecendo todos os recunchos e camiños. Visitar os puntos máis emblemáticos, os seus faros, as súas praias, miradoiros e observatorios. Todo iso desde calquera dispositivo, computador, tablet, smartphone ou lentes de realidade virtual,utilizando a tecnoloxía de Google® Maps®.
Poden ver este traballo na seguinte ligazón http://espanorama.com/tour-virtual-islas-cies/
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.