A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova achega da liña 3, para o fomento do emprego e para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2018. E nesta ocasión será o Concello de Redondela o que reciba un investimento co que poderá contratar a 20 persoas.
Concretamente, a Deputación de Pontevedra investirá en Redondela 265.214,76 euros cos que poderá contratar a 20 persoas para elaborar traballos de conserxería, guías de turismo, tarefas administrativas, xardinería, electricidade, prevención de riscos profesionais e na biblioteca.
Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000 euros, un 2,5 % máis que no 2017. Con esta achega ao Concello de Redondela, tal e como anunciou a presidenta Carmela Silva “xa está concedido o 88,8 % da liña 3, beneficiando a 54 concellos da provincia e empregando a 991 persoas”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.