O goberno de Ponteareas convoca bolsas de emprego para cubrir postos vacantes e substitucións

Entre as prazas convocadas estará unha de traballadora social, secretario de conservatorio, auxiliares administrativos, limpadores e conserxes
Publicado por o día 24/05/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

O goberno de Ponteareas convoca bolsas de emprego para cubrir postos vacantes e substitucións

O goberno de Ponteareas realiza unha convocatoria pública de emprego para cubrir en réxime de interinidade prazas vacantes e crear listaxes de substitucións en diferentes categorías.

O prazo para incribirse está aberto dende o 23 de maio logo da publicaicón das bases no Boletín Oficial da Provincia e rematará o vindeiro 11 de xuño, último día para rexistrarse.

Nun proceso transparente e de igualdade de oportunidades, o goberno seleccionará funcionarios interinos e persoal laboral temporal na categoría de auxiliar administrativo e convoca unha praza de traballador/a social como persoal laboral para cubrir unha praza vacante por xubilación, creando  ao mesmo tempo unha listaxe de substitucións para cubrir baixas por enfermidade, vacacións ou acumulación de tarefas-.

Así mesmo, abre un proceso de selección para persoal laboral nas categorías de limpador/a, conserxe e auxiliar administrativa co que se xenerará unha listaxe de substitucións.

Ademais, tamén abre as listaxes de contratación de persoal laboral temporal nas categorías de administrativo e secretario do conservatorio municipal.

Poden consultar as convocatoria nas seguintes ligazóns

http://www.boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/05/22/2018026490

http://www.boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/05/22/2018026488

http://www.boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/05/22/2018026490

Para o Alcalde de Ponteareas a creación de traballo e a transparencia nos procesos de selección é unha prioridade como base para o crecemento da vila e garantía do benestar social.

O concelleiro de Persoal, Francisco Alonso, informa tamén de que siguen traballando no documento da Relación de Postos de Traballo (RPT), do que carece o Concello para por orde na caótica xestión de persoal realizada polos anteriores gobernos do PP.