O Grove ofrece un obradoiro sobre o inicio de horta ecolóxica

Publicado por o día 09/05/2019 na sección de Galicia,O Grove

O Grove ofrece un obradoiro sobre o inicio de horta ecolóxica

Dende a OMIX  informamos que hoxe, 9 de maio ás 17.30 h., comeza o Obradoiro de Horta Ecolóxica PLÁNTATE EN ECO, concretamente o grupo  destinado a mocidade maior de 18 anos.

Este obradoiro, no que participarán 15 persoas,  terá unha duración de 6 horas que se impartirán entre os días 9 e 10 de maio en horario de 17.30-20.30 horas e levarase a cabo na horta ecolóxica de Adelina situada na rúa do Con.

O programa Plántate en Eco comprende outro obradoiro dirixido aos máis novos (rapazada de 12-17 anos) que tuvo que cambiar de data. As novas datas son os días 20 e 21 de maio en horario de 17.30-19.30 horas e o sábado 25 de maio, de 11.00-13.00 horas.

As dúas actividades son de balde para as persoas participantes.

Para participar neste último obradoiro a rapazada interesada pode dirixirse á Oficina de Información Xuvenil (Casa do Concello, 2º andar). 986730609. omix@concellodogrove.es