A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, participará este martes 15 de xaneiro, ás 10:25 horas, na quinta intervención artística da cuarta edición do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en acción. Violencia zero“. Á acción, que se desenvolverá no IES de Mos, tamén asistirá unha trintena de estudantes do bacharelato de Artes. Esta iniciativa, promovida pola institución provincial, ten por obxectivo darlle visibilidade á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o traballo de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade.
A acción escénica, que se desenvolverá no IES de Mos, estará protagonizada pola artista compostelá María Move que, ante o alumnado levará a cabo a acción titulada In Mapa Son que estará composta por música en directo e unha coreografía de danza contemporánea. A artista, licenciada en Belas Artes e cunha ampla e recoñecida carreira musical, traballa actualmente como docente de Acción Formativa en centros como a Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra ou o CGAC, impartindo clase en materias relacionadas coa música e artes plásticas.
Este ano “Mulleres en acción. Violencia zero” volve reunir o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta cuarta edición comezou en novembro de 2018 e novamente terá lugar en 25 concellos da provincia (Vigo, Pontevedra, Ponteareas, Salceda de Caselas, Vilaboa, Mos, Ponte Caldelas, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Barro, Lalín, O Grove, Silleda, Tomiño, Poio, As Neves, A Illa de Arousa, Baiona, Cangas, A Guarda, Forcarei, Gondomar, Cuntis, Meis e Nigrán).
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.