O IES Val do Tea acolle o V Torneo de Xadrez Ramiro Sabell

A inscrición xa está aberta ata un máximo de 200 xogadores e xogadoras
Publicado por o día 14/05/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

O IES Val do Tea acolle o V Torneo de Xadrez Ramiro Sabell

A concellería de Ensino e a concellería de Deportes do concello de Ponteareas presentan xunto a Yudania Hernández, directora do Torneo e membro do Club Xadrez Ramiro Sabell xunto a Fernando Rama, o V Torneo Xadrez Ramiro Sabell organizado polo Club Xadrez Ramiro Sabell.

O encontro será o vindeiro xoves 17 de maio ás 11 horas no IES Val do Tea e no mesmo veránse a cara os xogadores das categorías sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e Absoluta.

A organización entregará trofeos aos cinco primeiros clasificados de cada categoría (3 en absoluta) e recordos para todos os participantes ademais de sortear agasallos ao remate.

O límite de prazas é de douscentas e xa está aberta a inscrición na ligazón http://www.xadrezramirosabell.com